Opinións sobre os libros de lectura de Lingua Galega da 1ª avaliación
2º ESO
Orballo da mañá, David D.Vázquez Álvarez
"A min pareceume moi importante esta historia, porque nos demostra que non todas as persoas temos os mesmos recursos.Ensínanos que é importante poñerse no lugar doutras persoas, para ver o que lles está a suceder e poder axudalas dalgunha maneira.Este conto foi unha historia similar do que pasa cando algunhas persoas cruzan en pateiras para chegar a Europa e ter unha vida mellor.
Nós ,o que temos que facer, é axudar e non dar máis problemas; pois hai xente que di que os inmigrantes quitan os traballos ás demais persoas e iso non é verdade, eles teñen o mesmo dereito cós demais a poder ter unha vida mellor.Por iso hai que deixar de ser tan egoístas e poñernos a pensar en alguén que non sexamos nós"
Uxía Reija Folgueira
"A min Orballo da mañá gustoume moito porque trata de que non todos somos tan afortunados na vida.Neste caso ensínanos como adultos e nenos loitan para ter unha vida mellor xa que no seu país non poden. Tamén nos mostra as "diferenzas" que hai entre as persoas que nós mesmos facemos.Isto móstrase cando os nenos van á escola e ninguén os mira, coma se non existisen.Os nenos non chaman a Naír para xogar e pasan por diante da súa casa e ninguén lle di nada.
A min, sinceramente, danme moita mágoa porque son uns nenos que acaban de chegar doutro continente en condicións pésimas.
O libro ensínanos a ser máis empáticos, ou sexa, a poñernos na situación dos demais."
Lucía Díaz Jacob
"Para min o conto está moi ben pois fainos reflexionar sobre as vidas desas persoas que teñen moito menos ca nós.Moitas veces tratámolas coma se fosen inferiores, pero sen darnos conta.
Gústame o exemplo que pon no conto, cando todos doaban cousas no colexio pensando o ben que estaban facendo, cando para que Nadia e outras persoas de alí foran felices só facía falta un sorriso e mostrar un pouco de altruísmo e xogar con eles.
Ás veces non somos conscientes do mal que estamos facendo a unha persoa.
O conto tamén me fai reflexionar sobre a miña vida, pois queixámonos do noso traballo dicindo que somos escravos ou da nosa vida dicindo que somos desgraciados, cando eles tiveron que sufrir tanto só para poder chegar ata aquí e ter unha vida por debaixo da nosa ,pois tratámolos moi mal.
Faime pensar en que agora hai moitas persoas sufrindo e sendo moi mal tratadas mentres que nós non facemos nada.
Creo que hai que buscar unha solución a este problema e pensar máis nesas persoas que tanto sofren, temos que ser máis altruístas."
Ceibe Gil
Rapazas,Agustín Fernández Paz
"A min este libro gustoume moito sobre todo os relatos dous e catro , porque me pareceron os máis interesantes,O último relato tamén me gustou porque me pareceu emocionante.
En xeral, o libro foi interesante pero cambiaría algo, cambiaría o final do último relato.Oxalá haxa unha segunda parte onde o neno volva á casa da avoa e pasen cousas extraordinarias."
Borja Durán Eiras
"A min gustoume o libro porque trata temas sobre o machismo e o racismo do século pasado.
Gustoume tamén porque é moi entretido e ademais paréceme que conta historias que lles soen acontecer ás rapazas adolescentes da actualidade, cos amoríos, problemas coa familia/amigos .
A min non me gustou o primeiro relato porque era moi lioso para ler e difícil de entender, custaba entendelo."
Daniel Rielo Rodríguez
"O libro a min gustoume, aínda que o último relato non tanto pola cuestión de que morre unha persoa.
O relato que máis me gustou foi o do extraterrestre que axudou a Laura a defendela dos seus compañeiros."
Rubén Rey López
Contos por palabras,Agustín Fernández Paz
"A min os contos parecéronme interesantes, mais pésanlles os anos no sentido de que son un pouco machistas.
Deixando o tema dos anos, son relatos con alma, fáciles de lembrar.Tamén chocan uns cos outros xa que ningún trata un tema igual ca outro.
Gústame como fala de diferentes seres mitolóxicos como aquel gato con un corno.
En resumo, son contos clásicos con alma doutro tempo."
Pablo González Suárez
"O libro gustoume porque ten oito contos diferentes e cada un con unha temática totalmente distinta.
Un dos relatos que máis me gustou foi "O libro das infinitas historias" e o que menos " Un artista de neon".
Son ,en xeral, contos moi raros e con moita imaxinación."
Iker Torres Carballedo
domingo, 2 de xaneiro de 2022
Opinións sobre os libros de lectura de lingua galega 1ª avaliación
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario