4º ESO
Cousas,Castelao
"A min este libro gustoume moito.Non se me fixo nada pesado, porque ao ser relatos curtos e independentes entre si, o tema de cada un cambia e non se fai aburrido.Ademais, eu esperaba que me custara entendelo, pero fíxoseme bastante fácil.
Gústame moito porque Castelao sabe reflectir moi ben a sociedade daquela época, dándolle toques de humor a historias moi interesantes.
Trata moitos temas como a emigracións, a pobreza...
Persoalmente, os dous relatos que máis me gustaron foron: "Dous vellos qu tamén tiveron mocidade" e "Todos canto sabían algo da historia", aínda que todos en si , me encantaron."
Cora Paradela Prieto
"Sinceramente, foi o mellor libro que lin en galego, é o meu favorito; gustoume moito, dende o primeiro momento enganchoume moito ao ser cada historia diferente, consegue facer pensar ao lector sobre diversos temas.
Quixen resumilo, pero do que me gustou as historias graváronseme na miña mente.
Se tivera que poñerlle algunha pega, sería ser demasiado curto e por ter un vocabulario enrevesado, ás veces."
Carla Neira Rodríguez
"Este libro dános moito para reflexionar.O trato da xente nova cara ós maiores, xa sexa ríndose ou escoitando as súas historias; a emigración a América daqueles tempos para obter ganancias e cartos para a familia; os que morrían na guerra e a pena de súas nais; as diferenzas sociais entre os campesiños e a fidalguía...
Recoméndoo, non só por ser dun autor destacado, tamén porque cos relatos podes imaxinar como eran aqueles tempos, sobre todo na Galicia mariñeira."
Sergio López Paredes
Corredores de sombra,Agustin Fernández Paz
"Pareceume un libro moi interesante, sobre todo porque fala moito da Guerra Civil, un tema interesante na miña opinión.
Ademais é un libro que fala moito e moi ben sobre o problema das clases sociais e do materialismo.
O único problema que eu lle atopo é que se descobre moi axiña quen é o asasino, pero aínda así está moi ben escrito.O libro reflicte ademais o problema que, afortunadamente vai a menos, de ser homosexual xa que Carlos ten que agochar que ten parella.
Gustoume moito porque estes libros de asasinatos e misterio son interesantes.
Nota : 9,5 / 10"
Claudia Ledo Folgueira
"Gustoume moito este libro xa que é unha historia interesante porque ten realidades que sucederon de verdade como a Guerra Civil.Gústame moito o misterio que mantén ao longo da novela e sobre todo ao final xa que aclara moi ben o que lles aconteceu aos personaxes e non deixa un final aberto coma outros libros.
Recomendaríallo á xente que lle gusten os temas de historia e misterio."
Javier Dorado Lenza
"Non me disgustou a novela, está bastane ben; pero a verdade é que penso que non garda moi ben a trama,é dicir, cando vas lendo na metade xa sabes quen era o morto e quen foi o asasino.
Tamén penso que é un pouco lenta e ao mesmo tempo é rápida.Párase moito en cousas que non son importantes para o transcorrer da historia, e cando acontece algo importante, pasa moi rápido.
Polo demais gustoume bastante.Recomendaría o libro porque engancha bastante."
Nadia Villar Gómez
luns, 3 de xaneiro de 2022
Opinións sobre os libros de lectura de lingua galega 1ª avaliación
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario