Domingo Villar, A praia dos afogados
Para min esta novela podería entrar facilmente na listaxe dos mellores libros que lin: entre o carismático protagonista, Leo Caldas; o seu acompañante, Estévez e a súa trama que te ten enganchado ata o final.
Dende o comezo, unha excelente presentación dos personaxes. A trama empeza con Leo buscando pistas na lonxas sen atopar nada completamente esclarecedor; como segue, mentres a familia de Xusto se lamenta polo seu "suicidio" (foi Valverde) e como ao final atopan ao asasino dunha das mellores maneiras que vin, con deducións intelixentes e realistas.
En xeral, un moi bo libro.
Alejandro Arias Trashorras
Gustoume moito o libro.Ademais de ser de detectives, que xa me atrae, é moi pegadizo, con moitos cambios bruscos na trama e unha ambientación moi ben lograda.
Gustaríame que nalgunhas partes como cando falaba coa xente da vila fora máis interesante e tamén máis novela negra.Polo resto ,desfrutei moito. Todos os personaxes eran interesantes.Ata as partes que se supón eran máis aburridas como cando ía comer..., eran entretidas polo xeito de contalo.
O feito de que pensara e existira a posibilidade de que fora unha pantasma gustoume.Dáballe misterio, e esas historias son as que máis me atraen. Detectives, misterio, pantasmas...
Leo Caldas foi o meu personaxe favorito.As tensións do seu día a día, como as levaba, os seus problemas con Alba e a relación co pai eran cousas que facían do protagonista o mellor personaxe.
Álvaro Muñiz Pérez
A praia dos afogados gustoume moiro e paréceme un moi bo libro de misterio.
O personaxe que máis me gustou foi Leo Caldas xa que me encantou a maneira que tiña para dar coas pistas exactas para atopar o asasino de Xusto.
Eu sempre pensei que o asasino era o fillo de Rebeca para vingarse e sorprendeume moito que fose ,en realidade, Marcos Valverde xa que me parecía un home inocente e iso confundía moito.
Noel Arias Janeiro
martes, 9 de marzo de 2021
Club de lectura Libros de lectura de Lingua Galega de 4 º ESO 2ª avaliación
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario