Mª Victoria Moreno, Anagnórise
A min este libro gustoume bastante, pero gustaríame máis se fose un pouco máis longo e lles ocorresen máis historias aos personaxes.
Xeralmente, gústanme todos os libros; pero en especial os de aventuras, e este gustoume especialmente porque conta feitos que poden estar pasando hoxe en día, xa que hai moitos adolescentes na mesma situación; pero que son máis optimistas ca Nicolau e non se renden tan rápido.
O personaxe que máis me gustou foi Nicolau, tamén me gustou a forma de ser de Xulia porque era unha persoa moi optimista e observadora, e case nunca se enfada.
Eu recomento este libro porque é fácil de ler.
Constantino Abuín Torrón
Gustoume bastante.A miña parte favorita foi cando Nicolau e Natalia volveron a estar xuntos.
O que menos me gustou foi a inesperada morte de Xulia Andrade.Para Nicolau foi coma unha nai e axudárao moito moralmente. Foi moi triste cando Nicolau recibiu a noticia da súa morte. Fixo ben en deixar Madrid, alí a súa vida iría a peor e meteríase en problemas.
Sergio López Paredes
martes, 9 de marzo de 2021
Club de lectura Libros lectura Lingua Galega 3ºESO 2ª avaliación
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario