martes, 9 de marzo de 2021

Club de Lectura libros de lectura Lingua Galega 2ª avaliación 4º ESO

Rosa Aneiros, Ámote Leo A. Destino xalundes


O que máis me gustou do libro, do contido, foi a actitude de Leo e as ganas de viaxar; como non fixo caso cando intentaron freala e seguiu adiante co que quería.
E o que menos me gustou foi a actitude dos amigos de Leo cos que ía facer a viaxe, Martiño,Inés e Aldara, que se botaron atrás.
Ana Dopico Morán

Penso que este libro non estivo moi interesante, porque non ten unha trama que te poida atraer moito e te enganche para non deixar de ler.
A historia estaría ben se contase algún acontecemento máis.
Lembroume moito aos libros de Azorín xa que describe moito as paisaxes e usa moitos termos do vocabulario cotián; pero en si, non me gustou moito.
Eva Cordero Becerra

Deste libro o que máis me gustou foi que Leo chegou a conseguir todo o que ela quería,e, a pesar dos inconvenientes que tivo, logrou saír adiante ,ir a todos os lugares que se propuxo e  non gastar todos os cartos.
O que menos me gustou é que é unha novela moi descritiva, describe todo moito e non ten nada de acción, é dicir, por exempo que perdera un voo, que tivera algo con algún dos outros personaxes...
Miriam Álvarez García


A miña opinión sobre esta novela é negativa, xa que non me gustou moito que continuamente estivera cambiando de destino e só había descricións, case non había diálogos e iso facía que a lectura fora aburrida.
Ademais había que ir fixándose moi ben no que lías porque se non non te enterabas de nada.
Tamén que case non ten trama, o máis interesante quedaba de lado e había continuas descricións.
A esta novela póñolle un seis sobre dez, xa que non me acabou de convencer.
Recoméndoa para xente que sexa tranquila xa que, que non teña moita mensaxe, estresoume bastante.
Diego Gómez Trashorras

Ningún comentario:

Publicar un comentario