martes, 9 de marzo de 2021

Club de lectura Libros lectura Lingua Galega 3ºESO 2ª avaliación

Andrea Maceiras, Violeta Tamurana


Persoalmente a novela pareceume entretida e bastante fermosa, aínda que ao principio me parecía algo aburrida porque me facía un lío con tamura e Tamurana.
Ao final, cando a rematei, pareceume moi fermosa e, a súa trama, lembroume o racismo que actualmente existe en todo o mundo e ao que temos que poñer fin.
A miña parte favorita foi cando lle  fixeron a trampa ao presidente xa que me pareceu que estaba moi ben pensada e que el a merecía un pouco.
A miña personaxe preferida é Alén xa que a considero unha moza moi valente e decidida.
Claudia Ledo Folgueira

Gustoume moito o libro, xa que é unha historia fantástica e de aventuras.Gustoume sobre todo a maneira de ser de Pao,xa que decide marcharse da súa casa sen a súa familia para buscar ao seu tío, ao que todo o mundo daba por morto.
Tamén é  moi interesante como a pesar de ser unha historia fantástica relaciona feitos que na vida real existen.Como o racismo, na novela explotaban e discriminaban aos violetas por ser doutra cor, mesmo os trataban de monstros.É racista ata Alén que nunha parte da novela dille a Pao que os violetas deben de ser persoas moi raras, e Pao avergóñase.
Tamén é curioso como o goberno tiña dominadas as persoas,xa que lles dicían cousas que eles querían que pensaran.Por iso tiñan ese odio  ás persoas que eran diferentes  a eles.
Javier Dorado Lence

A min o libro gustoume moito.É unha novela de superación por parte de Pao e de valentía por defender o seu e o que era xusto.
Tamén reflicte como ás veces o goberno pode ser corrupto e fíxoseme interesante velo así.Non pensaba que trataría diso, pero superou bastante as miñas expectativas.
Ademais  os personaxes viven aventuras e hai momentos de tensión por saber que lle pasa a Pao cando o arrastra a onda, que será de Alén, quen é o Gran Aleuto...
Logo resolve todas as dúbidas e vas ordenando os acontecementos.
Fíxoseme fácil de ler e a historia é moi interesante.
Cora Paradela Prieto


Ningún comentario:

Publicar un comentario