Mª Victoria Moreno, Anagnórise
Para min esta lectura foi moi produtiva porque a historia ten unha boa trama e ensina moitas cousas.
A personaxe que máis me gustou foi Xulia, pareceume unha muller "de armas e letras", encantáronme as súas ensinanzas.
O que menos me gustou foi que Natalia non tivese máis protagonismo, paréceme un personaxe elemental na historia e creo que merecía máis presenza.
A miña pasaxe favorita foi ao final cando Nicolau se dá conta do moito que quere a Xulia e de que levaba a razón en todo o que lle dixera.
Tamén me gustou a escena na que Xulia lle dá un bolígrafo a Nicolau para que escriba a súa novela "Anagnórise" e cando el escribía a pesar das condicións nas que vivía no piso de Marcos.
Sinceramente, foi un dos mellores libros que lin en galego.Recoméndollo a todos os rapaces que se cren o centro do universo.
Lembroume ao Libro del Buen Amor polos consellos da nai de Natalia e puntúoo cun 9,75.
Carla Neira Rodríguez
martes, 9 de marzo de 2021
Club de lectura Libros lectura Lingua Galega 3ºESO 2ª avaliación
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario